Noticias

Ponte Caldelas inicia o servizo de Ludoteca Municipal con 17 nenos

As monitoras ¿xeron a proba PCR con resultado negativo


14 setembro 2020
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas ludoteca

O Concello de Ponte Caldelas reinicia a actividade na Ludoteca Municipal axustándose a todas as medidas hixiénico-sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia. Dos 40 usuarios que tiña a Ludoteca, a actividade iniciarase con 17 nenas e nenos de familias que teñen di¿cultades de conciliación. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, agradece "a comprensión do resto de familias que, de momento, non poderán facer uso do servizo por cuestión de aforo".

As tres monitoras da ludoteca ¿xeron a proba PCR con resultado negativo e as instalacións foron desinfectadas a fondo. Ás nenas e nenos que acudan á ludoteca tomaráselle a temperatura antes de entrar, descalzaranse ó acceder ó edi¿cio, estarán divididos en dous grupos e, durante as catro horas do servizo (de 16.00 a 20.00 horas), faranse dúas desinfeccións intermedias.

Seguindo o protocolo as familias non poderán acceder ó edi¿cio e, para seguir mantendo a raia os contaxio, o alcalde de Ponte Caldelas pide "responsabilidade ás familias para que, ante a mínima sospeita de síntomas relacionados do Covid-19, deixen ós seus ¿llos na casa".