Noticias

Ponte Caldelas iniciou hoxe os desbroces manuais que pasarán por todos os camiños dos 33 lugares

Comezaron nos lugares de Laxoso e Silvoso


15 xuño 2020
Ponte Caldelas
Desbroce en Ponte Caldelas
O Concello de Ponte Caldelas comezou hoxe cos traballos de desbroce manual que chegarán a todos os camiños dos 33 lugares do rural de Ponte Caldelas. As dúas brigadas que realizan estes traballos repartíronse hoxe polos lugares de Laxoso e Silvoso e irán avanzando polas diferentes aldeas do municipio según vaian rematando os traballos.
Ademais dos camiños públicos, tamén se desbrozan todos os parques infantís, as áreas de recreo e os recintos das Igrexas. Os traballos manuais dos operarios compleméntanse cos desbroces que se fan á beira das estradas cos dous tractores municipais.
Este ano, debido ao Covid-19, o inicio destas labores retrasouse, pois en 2019, a estas alturas do ano "xa estaban desbrozados a metade dos lugares do municipio". O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, adquiriu o compromiso de desbrozar todos os camiños do rural en 2015, cando chegou á alcaldía do Concello de Ponte Caldelas e seguirá mantendoo "pois o rural de Ponte Caldelas é un tesouro que debemos coidar".