Noticias

Ponte Caldelas ofrecerá cursos gratuítos de informática para os seus veciños

O concello asinou un convenio de colaboración con Aurea mediante o cal esta empresa local encargaranse da formación e dende o concello porán a disposición da veciñanza os ordenadores


20 setembro 2019
Ponte Caldelas
Aula informatica

O alcalde de Ponte Caldelas ten claro que na "era da información poder manexarse por Internet e saber utilizar un ordenador é un servizo" por esta razón dende Concello de Ponte Caldelas organiza en colaboración coa empresa Aurea Enerxía e Telecomunicacións SL, cursos de informática por todos os lugares e parroquias do concello de xeito gratuíto. Unha iniciativa pioneira en España e que segundo Díaz "amosa unha vez máis a miña aposta clara polo rural".  Segundo a sinatura deste convenio a empresa local Aurea encargarase da formación, impartindo estes cursiños, e o concello porá a disposición dos seus veciños os seus ordenadores que pasarán polas parroquias e pobos do concello co fin de ofrecer estes cursos de informática.

Este primeiro curso levará como título "Internet básico no teu día a día, dende o computador". Será un curso destinado a todo aquel que precise adentrarse no mundo do ordenador, vai a estar centrado nun primeiro achegamento ao computador. Así o temario constará do primeiro contacto co computador, partes do ordenador, manexo do rato, sistema operativo, manexo de internet, como acceder a información a través dunha web, navegar con seguridade, a creación dunha conta de correo electrónico, a búsqueda de información a través da rede, trámites de administración pública e empresa, videoconferencias ou redes sociais.

As veciños e veciños interesados en inscribirse teñen que facelo no concello de Ponte Caldelas.  O único que teñen que facer para realizar este curso é anotarse no concello, dar o seu nome e idade e dicir a qué pobo pertence. O obxectivo deste curso é que pase pola maior parte de locais sociais ou casas do pobo de todo o concello e de todas as parroquias, para poder contar con este cursiño necesítanse un mínimo de 12 persoas e un máximo de 24. No caso de ser máis de 24 dende a empresa e o concello ofertarán dous cursiños neste lugar.

O curso terá unha duración de catro horas en total e desenvolverase en dous días, dúas horas de formación cada día. O obxectivo deste tallerserá que o alumnado coñeza cómo poder usar Internet no seu día a día a través dos diferentes servizos que se ofrecen na rede.

A aula de novas tecnoloxías do concello, composta por 12 ordenadores, comezará así a súa itinerancia polos pobos e parroquias de Ponte Caldelas. Un espazo que se converteu nunha realidade grazas aos  fondos europeos Leader, cofinanciada co Feader e no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020

O alcalde agarda que este curso "teñan unha gran aceptación entre os veciños" e augura un gran éxito na súa posta en marcha no rural. Díaz considera que deste xeito e unha vez máis o concello de Ponte Caldelas amosa que Goberna para todas e todos "sen distinción do lugar onde se resida".