Noticias

Ponte Caldelas volve incrementar a partida de Emerxencia Social nos orzamentos de 2021

Os de 2021 son os orzamentos máis sociais da historia de Ponte Caldelas


19 novembro 2020
Ponte Caldelas
Alcalde de Ponte Caldelas no seu despacho

O Concello de Ponte Caldelas volve incrementar a partida destina a Emerxencia Social nos orzamentos do ano 2021. No ano ano 2015, a esta partida só se destinaban 5.000 euros e dende a chegada de Andrés Díaz á Alcaldía a partida foise incrementando ano a ano chegando, en 2021, ós 35.000 euros.

O diñeiro desta partida emprégase para atallar situacións difíciles e puntuais das familias de Ponte Caldelas "ás que podería chegar calquera familia ante un revés. Somos persoas coidando de persoas". Cos 35.000 euros realízanse cheques de 100 euros para mercar alimentos básicos; vales para que ningún neno quede sen regalos en Nadal; compra de alimentos frescos; compra de produtos básicos ou de primeira necesidade; e mesmo axuda directa para pagar, puntualmente, o aluguer, a hipoteca, a luz, un dentista, unhas gafas…. Os de 2021 serán os orzamentos máis sociais da historia de Ponte Caldelas!