Noticias

‘Ponte en movemento', un programa para envellecer activos

35 persoas participan na actividade que se leva a cabo no ximnasio ‘Xparta' de Ponte Caldelas


17 febreiro 2020
Ponte Caldelas
Ponte en movemento

O Concello de Ponte Caldelas quere que os seus maiores envellezan de xeito activo e por iso ten en marcha o programa ‘Ponte en movemento', que se realiza no Ximnasio ‘Xparta' de Ponte Caldelas. Trátase dunha actividade na que, a partir deste ano, poden participar todos os maiores de 59 anos, pois ata o de agora estaba proposta para maiores de 60.

Neste momento son 35 persoas empadroadas as que participan desta iniciativa, que por 10 euros ao mes, permite a asistencia a dúas clases semanais de ximnasia de mantemento e acceso libre a máquinas guiado polo entrenador. As clases de ximnasia de mantemento teñen lugar os martes e xoves, de 11.00 a 11.45 horas e o único requisito para participar é ser maiores de 59 anos, estar empadroados no municipio e presentar un informe médico para coñecer se hai necesidades/problemáticas específicas.

Envellecer activamente é algo moi importante para as persoas maiores, posto que participar neste tipo de actividades non só é saudable a nivel físico, senón tamén a nivel psicolóxico.