Noticias

Renovación do firme na estrada de Taboadelo

Realizouse o fresado, asfaltado e compactado dos tramos que se atopaban deteriorados


13 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Estrada Taboadelo

A estrada de Taboadelo foi obxecto dunha mellora que contempla a renovación do firme nos tramos que se atopaban deteriorados. Deste xeito, na estrada que da servizo ao lugar de Taboadelo, e que comunica o noso concello co veciño municipio de Soutomaior realizouse o fresado, asfaltado e compactado das zonas que contaban cun firme deteriorado polo paso dos anos e dos vehículos.

O Concello de Ponte Caldelas informou fai unhas semanas á Deputación de Pontevedra, titular da estrada, do deficiente estado no que se atopaban algúns tramos deste vial e a administración provincial iniciou os traballos de mantemento.

O Concello de Ponte Caldelas vela pola seguridade das súas estradas e por unhas boas comunicacións para a súa veciñanza, non só acometendo obras nas estradas de titularidade municipal, senón informando tamén á administración que corresponda da necesidade de mellorar o estado do firme naquelas estradas que así o precisen.