Noticias

Reposición de losetas rotas a carón da Praza de Abastos

Algún vehículo pesado partiu as pedras que agora se están a repoñer


04 maio 2021
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas continúa a traballar para manter en bo estado dos espazos públicos municipais e neste momento estanse a cambiar as losetas de pedra rotas que se ubican na praza a carón do Mercado de Abastos.

Algún vehículo pesado partiu varias das pedras que dan acceso á praza baixo a ponte de madeira e tamén na propia praza, polo que os operarios municipais están a traballar para repoñer completamente todas as lousas rotas e "agardamos que non volvan romper. Coidar de Ponte Caldelas é cousa de todos", apunta Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas.


Outras novas