Noticias

Todo a punto para a homenaxe a Suso Vaamonde en Regodobargo

O Concello desbrozou o camiño de acceso ao río e tamén os viais que dan acceso ao lugar


12 febreiro 2020
Ponte Caldelas
Camiño de Regodobargo

O Concello de Ponte Caldelas está a ultimar os detalles para a gran homenaxe a Suso Vaamonde que terá lugar este domingo, 16 de febreiro, en Regodobargo, o lugar que veu nacer a tan ilustre galego no ano 1950. Coincidindo co 20 aniversario do seu falecemento, o Concello está a organizar un acto de homenaxe no que se realizará unha ofrenda floral no río, onde se depositaron as súas cinzas. O acto principal será o descubrimento dunha placa na Casa do Pobo de Regodobargo, que a partir desa xornada levará o nome de Suso Vaamonde. 

Están confirmados xa numerosos grupos musicais que participarán no acto, que se celebrará nunha carpa ubicada a carón da Casa do Pobo e na que haberá servizo de pulpería para as persoas que desexen xantar en Regodobargo. 

Nestes días previos o Concello procedeu ao desbroce dos camiños de acceso á zona do río na que se vai levar a cabo a ofrenda floral, así como de diversos camiños do lugar e viais de acceso.