Noticias

Unha nova campaña visibilizará o orgullo que sinten os veciños ao ser parte de Ponte Caldelas

‘Eu son Ponte Caldelas' é a nova imaxe que se incorporará en toda a cartelería e comunicacións do Concello


14 febreiro 2020
Ponte Caldelas
Eu son Ponte Caldelas

Orgullosos de ser de Ponte Caldelas. Así é como se sinten os veciños do municipio e así o quere trasladar o Concello. Para iso, incorpórase unha nova imaxe corporativa que se incluirá en toda a cartelería e comunicacións do Concello. 

Con esta nova imaxe, que ven a complementar as xa existentes, o Concello quere amosar o sentimento de amor, emoción e orgullo por ser e formar parte dun municipio con tanto encanto como Ponte Caldelas. ‘Eu son Ponte Caldelas' é o xeito de trasladar que os veciños se sinten orgullosos de formar parte dun municipio que conta con moitas riquezas patrimoniais, naturais e veciñais. Un municipio no que os veciños se sinten orgullosos de vivir, de traballar, de crear unha familia e de disfrutar de cada un dos seus recunchos. Onde se disfruta de falar cos veciños, onde se quere que os fillos estuden, medren e se sintan tamén orgullosos de ser de Ponte Caldelas. 

Porque sentirse formar parte do teu concello, participar del, sentirse orgulloso de vivir del é un sentimento, unha emoción da que hai que presumir, porque ser ou vivir en Ponte Caldelas é especial. Eu son Ponte Caldelas. E ti?