Noticias

Ponteareas concéntrase contra a Violencia de Xénero

A partir das doce diante da casa do concello entrega dos premios do IV Concurso de Debuxo contra a Violencia Machista


22 novembro 2018
Ponteareas
Concello de Ponteareas

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera convida á veciñanza a participar na concentración que terá lugar mañá venres ás 12 horas diante do casa do concello (no salón de plenos en caso de chuvia) con motivo do vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

O concello de Ponteareas anticípase ao día 25 para poder celebrar esta xornada de concienciación e reivindicación xunto ao alumnado do IES Val do Tea, do IES Pedra da Auga, do CEIP Mestre Ramiro Sabell, CEIP Feliciano Barrera de Guláns e CPR Santiago Apostol.

No marco deste acto entregaránse os premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo contra a Violencia Machista e a continuación darase lectura ao manifesto.

Dúas alumnas do conservatorio municipal de música pecharán o acto interpretando unha peza de saxofón.

Verónica Carrera convida a toda a cidadanía a participar neste breve encontro que amosará a súa repulsa contra as violencias.