Presentación Copa Galicia de voleibol

14/09/2022

Presentación copa Galicia Voleibol

O mellor voleibol de Galicia xogarase na cidade de Pontevedra este sábado, 17 de setembro, coa celebración Copa Galicia de Voleibol no pavillón de A Xunqueira. A presentación deste evento -no que haberá partidos de categoría feminina e masculina- tivo lugar no Pazo Provincial e a ela acudiron o deputado de Deportes, Gorka Gómez, o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, a presidenta do Club Voleibol Pontevedra, Patricia Varcárcel, e membros deste club, quen animaron a toda a poboación a desfrutar do acto e visitar a provincia.

Para Gorka Gómez “apostar polo deporte sempre é unha garantía e un resultado positivo” e por iso “ten que converterse nun eixo fundamental das nosas políticas xunto co turismo e a economía, moi ligados entre si”. Neste senso afirmou que “estamos nun momento importante na provincia xa que estamos a ser referentes con eventos como este e como os que se van a traer nos próximos meses, de talla mundial, e nos que están a participar Deputación e Concello de Pontevedra”. Tino Fernández subscribiu as palabras do deputado provincial e agradeceu a “colaboración coa Deputación, que nos permite facer este e outros eventos de maior rango”. Tamén recalcou a importancia que está a ter o voleibol no concello de Pontevedra, que “pouco a pouco vai mellorando, crecendo e conseguindo mellores éxitos”. Pola súa banda, Patricia Varcálcel e José Ángel Luna agradeceron a organización da “festa do voleibol galego”.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.