Noticias

Preto de 200 deportistas xa son DEPO-DAN e DEPO-PROMESA, a nova marca provincial da Deputación de Pontevedra

As mozas e mozos que conseguiron esta marca de alto rendemento deportivo poderán optar ás bolsas que este ano contarán cun orzamento de 200.000 euros


13 marzo 2019

A Deputación de Pontevedra vén de publicar hoxe no BOPPO a listaxe definitiva de mozas e mozos deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da marca na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). Estas dúas listaxes están formados por cerca de 200 deportistas que optarán ao programa de axudas que actualmente a institución provincial ten en período de tramitación.

A nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA, en total 87 mozas e 103 mozos. Estas dúas categorías reflicten a imaxe de marca provincial para fomentar e recoñecer ás e aos deportistas de alto nivel ao abeiro do Plan estratéxico de deportes da Deputación.

Máis polo miúdo, en canto á categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), A Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra de Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2), Vilanova de Arousa (1).

Por deportes, estarán representados na categoría DEPO-DAN as federacións de: Piragüismo (49), Vela (13), Atletismo (9), Taekwondo (8), Remo (6), Triatlón (5), Loita (5), Deportes de Inverno (2), Ximnasia (2), Ciclismo (2), Judo (2), Karate (2), Tiro (2), Automobilismo (1), Bádminton (1), Caza (1), Esgrima (1), Motoclismo (1), Natación (1), Patinaxe (1), Squash (1), Tenis (1).

Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra de Miño (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía de Arousa (2), Vilanova de Arousa (2).

Nesta marca están representados os seguintes deportes: Piragüismo (26), Taekwondo (12), Ximnasio (9), Bádminton (6), Esgrima (4), Judo (4), Vela (2), Baile deportivo (2), Kickboxing (2), Atletismo (2), Tenis de Mesa (1), Motociclismo (1), Patinaxe (1), Tenis (1), Xadrez (1).

As e os 189 deportistas incluídos nesta listaxe como DEPO-DAN e DEPO-PROMESA poderán optar ás becas que está tramitando a Deputación de Pontevedra co fin de posibilitarlles a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles a la consecución dos logros que lles permitan conseguir as súas futuras metas deportivas.

As becas serán concedidas en función dos resultados deportivos acadados nos anos 2017 e 2018. O campionato que se certifique será o ultimo levado a cabo pola federación correspondente, posto que nalgunhas modalidades algunhas probas lévanse a cabo cada 2 anos.