Nox Trío chega este venres a Barro ao abeiro do programa da Deputación “Música no Ar”

O Pazo da Crega será o escenario do recital do grupo de cámara que comezará ás 20.30h

29/06/2022

O Pazo da Crega en Barro será o escenario este venres 1 de xullo, ás 20.30 horas, da segunda actuación da terceira edición do programa “Música no Ar”, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.

En Barro, o protagonista da velada será Nox Trío, grupo composto por tres mulleres: a violinista Olga Alexandrowskaya, a pianista Natalia Méndez e a violonchelista Xusa Hervás, que ofrecerán un recital de estilo clásico, cun repertorio de pezas de mulleres compositoras do Barroco e do Romanticismo. Interpretarán composicións como Piano trío en Re m Op.11  e Fantasía en Sol m para violonchelo e piano de Fanny Mendelssohn, Grotesque, Dúo de violín e violonchello de Rebecca Clarke, ou Romance para violín e piano Op.22 e Trío de violín, violonchelo e piano Op.17 en Sol m ámbalas dúas de Clara Schumann.

“Música no Ar”, enmarcado no amplo programa da Deputación, “Con-Fiando Cultura” ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade.

As e os seus compoñentes contan cunha profunda experiencia no campo da música antiga, colaborando con agrupacións como o Grupo Nuba, Eduardo Paniagua, Kaléndula, Colegium Vocale de Madrid, Judit Cohen, Angel Carril, Eliseo Parra, Klezmer Sefardí, etc. O seu repertorio abarca desde o século XIII ao XV (música monódica da Idade Media, polifonía do Ars Nova e comezo do Renacemento) e está formado por Cantigas de Santa María, Llibre Vermell de Monserrat, Danzas francesas, inglesas e italianas, estampidas, saltarellos, queixumes, música sefardí e andalusí.

Ambos dous concertos serán de entrada libre ata completar cabida.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 12 resultados.