Noticias

Recepción a Juan Noguerol


05 marzo 2021
Recepción Juan Noguerol

Juan Noguerol, o flamante campión de España e do mundo de "Moto Touring" no ano 2020, viaxou hoxe sobre dúas rodas ata a Deputación de Pontevedra para facer parada e falar de proxectos de futuro co deputado de Deportes, Gorka Gómez, quen quixo felicitalo polos éxitos acadados, así como transmitirlle a honra que supón para a provincia e para a Institución provincial a súa visita.

Noguerol, que conta con máis de 40.000 km as súas costas, compartiu o seu orgullo á hora de levar o nome de Pontevedra ao redor do mundo e poder achegar títulos nacionais e mundiais, así coma o seu empeño de enxalzar o mundo da moto e do turismo na próxima Volta a Galicia de Mototurismo, que contará con pilotos de todo o mundo.