O DepoDan Iván García recibido na Deputación tras proclamarse subcampión de Europa de Taekwondo

10/06/2022

“Pouca broma! Subcampión de Europa sénior en categoría de máis de 80 Kg!”, exclamou o deputado de Deportes, Gorka Gómez, durante o acto celebrado no Pazo Provincial. Unha recepción “felizmente tardía” porque, como engadiu Gómez, nas últimas semanas houbo que programar outras cos e coas deportistas da provincia que veñen tamén de acadar éxitos en competicións internacionais. “Estamos nun momento grandioso para o deporte na provincia, con xente nova que está logrando resultados en moitas disciplinas, augurando así novos éxitos para o futuro”. O responsable provincial de Deportes concluíu que é unha obriga para as Administracións apoiar aos deportistas e aos clubs.

O marinense Iván García, que vén de lograr o maior logro deportivo para o ximnasio Mats, acudiu á Deputación acompañado do seu adestrador Ángel Torres. Agradeceu o apoio económico e institucional e subliñou que gracias ás subvencións puido completar unha intensa preparación que pasou por varios campionatos previos, estancias nos CAR de Barcelona e Madrid e, finalmente, en Gran Bretaña. “As cousas déronse como tiñan que ser e volvín do Europeo de Manchester súpercontento e coa sorte de poder compartir a alegría coa miña cotorna familiar e deportiva”. Xa dende o 9º posto do ránking que agora ocupa afrontará os próximos obxectivos inmediatos, que son os Grand Prix nos que enfrontarase aos 32 mellores do mundo e, finalmente, o Campionato do Mundo, que chegará no mes de novembro en México.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.