Noticias

Representantes da Federación de Construción e Servizos de Castela e León coñecen a Escola de Cantería


06 decembro 2017
Visita a Escola de Canteria

Un grupo de representantes da Federación de Construción e Servizos de Castela e León coñeceron as instalacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, onde recibiron, de primeira man, información sobre os traballos que os alumnos e alumnas desenvolven ao longo do ano así como sobre as experiencias de colaboración que a Escola de Cantería está a realizar en diferentes países do mundo.

As persoas da Federación de Construción e Servizos de Castela e León que visitaron a Escola de Cantería están a realizar un traballo que ten por título "Nuevas tendencias constructivas y análisis industrial de los materiales cerámicos y pétreos en Castilla y León". No marco deste estudo teñen por obxectivo afondar nas accións e centros de estudos que están a traballar no sector da construción e da pedra, así como coñecer as necesidades formativas do mesmo.

Aberto o prazo de solicitude de axudas destinadas ao alumnado da Escola de Cantería para o curso 2017/2018

As alumnas e alumnos da Escola de Cantería teñen de prazo ata o vindeiro 14 de decembro, para solicitar bolsas de axudas que a Deputación de Pontevedra pon á súa disposición. En liñas xerais, estas bolsas distribúense en tres tipoloxías que abranguen desde unha bolsa básica, de 950 euros, un complemento segundo a renda, de 372 euros, e outro segundo a residencia da ou do estudante, de 250 euros.

Para optar ás axudas os e as solicitantes deben ter máis de 16 anos e estar matriculados no curso académico 2017/18 tanto nos estudos presenciais da titulación de Canteiro ou Canteira como de  Mestre Canteiro ou Mestra Canteira, na Escola de Cantería da institución provincial.