Noticias

A Biblioteca Municipal e o Punto Limpo de Ribadumia retoman a súa actividade

Concello de Ribadumia abre a súa biblioteca municipal dende o luns 25 de maio en horario de tarde de 16 á 17 horas e de 20 á 21 horas e o punto limpo abre dende o sábado 23 de maio en horario de 10 a 14 horas


22 maio 2020
Ribadumia
Concello de Ribadumia

A reapertura da Biblioteca Municipal de Ribadumia permitirá retomar a actividade de empréstito de exemplares e a recollida de aqueles que foron prestados antes de declararse o estado de alarma con motivo do COVID.

Coa finalidade de manter as medidas de seguridade, o préstamo e devolución dos libros farase a través do bibliotecario sen que en ningún caso o usuario poida acceder a sala da biblioteca. Polo tanto, tampouco se poderá usar a sala de lectura  ou  facer uso dos ordenadores e medios informáticos.

Dende o concello recomendan a todas as persoas que estén buscando un libro, un autor ou xénero literario chamen a biblioteca ao teléfono 986.71.07.11 para que fagan a consulta sobre a dispoñibilidade  e que o bibliotecario poida ter preparado o exemplar para cando pasen a recollelo.

Doutra banda, tamén se poderán realizar aquelas xestións relacionadas coa Oficina Municipal de Información Xuvenil para as cales se recomenda pedir cita no teléfono da biblioteca.

Os interesados que acudan á biblioteca a realizar calquera das xestións sinaladas anteriormente, deben utilizar o timbre para que o bibliotecario abra a porta e os atenda de xeito individualizado. Ademais, deberán ir provistos de mascarillas e desinfectar as mans na entrada onde hai un dispensador de xel hidroalcohólico.

Tamén retoma a súa actividade o Punto Limpo dende este sábado día 23 de maio, a onde poderán acudir os veciños no horario de 10 a 14 horas.