A Biblioteca Municipal reabre dende hoxe a sala de estudo e mantén o servizo de empréstito aínda que con novo horario
O Concello de Ribadumia informa que dende hoxe reabre a Biblioteca Municipal pero diferenciando os protocolos por unha banda da sala de lectura e por outro do servizo de empréstito.
A sala de estudo busca facilitar novamente esta labor ós estudantes e opositores devolvendo o uso a unha zona que lles permita optimizar esta labor. Nesta zona aplicarase un 30% do aforo e establecese un protocolo de seguridade específico de desinfección, distanciamento e ventilación.
En canto ó servizo de empréstito, establécense dúas franxas horarias para atender ós diferentes grupos e sempre que acudan a el o deberán facer con máscara sanitaria:
- De 17 a 18 horas para maiores de 65 anoes e poboación de risco.
- De 18 a 20 horas para o resto do público en xeral.
Esta decisión ven da man das modificacións nas restricións sanitarias que permiten nestes intres a apertura de novo destes servizos.