Noticias

As Igrexas do Concello de Ribadumia contan co protocolo recomendado contra o COVID19


29 maio 2020
Ribadumia
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que as igrexas de todas as parroquias do municipio, Lois, Leiro, Besomaño, Ribadumia, Barrantes e Sisán, contan cos protocolos recomendados para a súa apertura ó público despois do peche durante o confinamento do COVID19.

O Concello de Ribadumia dotou as igrexas de xel hidroalcoholico, alfombra para a entrada con desinfectante, así como as sinalizacións nos bancos para facilitar a ubicacións das persoas no interior.

Estas instalacións foron adaptadas as recomendacións de distanciamento físico e medidas de hixiene indicadas para garantir a seguridade de todas as persoas que se acudan a elas.

Reiteramos a importancia de atender as recomendacións sanitarias en todo momento, pero sobre todo cando nos atopamos en lugares de maior afluencia, para manter a loita contra o COVID19.