Noticias

Campus Tecnoxove Ribadumia


25 xuño 2019
Ribadumia

O Campus Tecnoxove Ribadumia é un proxecto innovador que constará de 3 talleres a realizar os sábados de 9 a 14 horas durante os meses de xullo, agosto e setembro dirixido a xóvenes entre 14 e 30 anos de Ribadumia e comarca

Os tres talleres serán: Sábados dende o 6 de xuño ao 28 de setembro. E impartiranse na Casa de Cultura de Ribadumia.

-          Deseño e impresión en 3D: mes de xullo

-          Robótica: Mes de agosto

-          Programación e deseño de videoxogos: mes de setembro

Nos 3 talleres, as persoas xóvenes aprenderán que a tecnoloxía é una ferramenta poderosa para cambiar e mellorar a súa contorna, a súa empregabilidade e para aportar solucións que se nutran da imaxinación e a creatividade, sendo pois un magnífico fío condutor de decenas de habilidades que as futuras xeracións precisarán no seu día a día.

As persoas participantes dividiranse en 2 grupos:

-          De 14 a 18 anos: sábados de xullo a setembro  de 9 a 11:30 horas

-          De 19 a 30 anos: : sábados de xullo a setembro  de 11:30 a 14 horas

Será terá un carácter TOTALMENTE GRATUITO para todos os participantes xa que conta con financiación da Xunta de Galicia, Consellería de Política Social,  Dirección Xeral de Xuventude dentro do Programa Iniciativas Locais e a implicación total do Concello de Ribadumia coa promoción do talento a empregabilidade e o compromiso firme cunha educación baseada na excelencia.