Noticias

Cine no Auditorio Municipal de Ribadumia


03 novembro 2017
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que o próximo domingo, 5 de novembro levarase a cabo unha sesión de cine no Auditorio Municipal de Ribadumia ás 19.00h, na procura de achegar este este tipo de actividades visuais aos veciños. A película seleccionada para esta ocasión, e tendo en conta as últimas estreas de carteleira, é a de "El Bebé Jefazo".

Trátase dunha película de animación adecuada para un público familiar onde un rapaz de 7 anos, ve que coa chegada do seu irmán pequeno, cámbialle a vida por completo, sen embargo, terán que unir forzas para solucionar unha serie de problemas que van xurdindo.

Ademais de buscar a diversión, con esta película tamén se busca facer pensar ao espectador en canto as relacións de irmáns e a sociedade actual.

Durante 1h 38min non pararán as risas e diversión entre os asistentes, causando sensación tanto nos máis pequenos como nos máis grandes da familia.
A entrada será totalmente gratuíta, como veu sendo habitual nas actividades realizadas no Auditorio Municipal no mes de outubro.

Queda todo o mundo convidado a disfrutar dunha sesión de cine este domingo ás 19.00h no Auditorio Municipal de Ribadumia.