Noticias

Concurso de deseño gráfico de camisetas XLV Edición da Festa do Viño Tinto e exaltación variedade autóctonas

A Comisión Organizadora da XLV Festa do viño tinto do Salnés e exaltación de variedade autóctonas convoca un concurso de deseño de camisetas que fagan referencia á exaltación do Viño Tinto


29 abril 2017
Ribadumia

Co motivo da XLV Edición da Festa do Viño Tinto e exaltación de variedades autóctonas, a Comisión Organizadora convoca o concurso de deseño de camisetas que exalten o Viño Tinto e esta festa con arraigo. Neste poderán concursar as "Peñas" participantes na festa, que conten cun mínimo de 5 membros, presentando un exemplar da camiseta impresa nas dependencias do Concello, antes do día 20 de maio de 2017, xunto cun sobre pechado que conterá: Nome da peña,  integrantes da mesma, teléfono de contacto e lema da camiseta.

Os premios divídense en tres categorías: o 1º premio de 200 euros, 2º premio de 100 euros, e un 3º premio de 50 euros.

A entrega os premiados celebrarase o sábado 3 de xuño as 12:30 horas na Carballeira de Barrantes, dentro da programación da XLV Festa do Viño Tinto do Salnés e exaltación de variedades autóctonas.