Noticias

Continúan as noites de verán do Concello de Ribadumia coa Banda de música e Sufre Mamón en un concerto conxunto


18 xullo 2019
Ribadumia
Noites de verán do Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que mañá continúan as noites de verán cunha actuación musical para maiores e pequenos, onde a Banda Municipal de Ribadumia e o grupo local Sufre Mamón se unirán para ofrecernos un concerto único.

Unha escusa perfecta para desfrutar da noite do venres en Ribadumia, onde esta oferta musical porá o colofón perfecto a un día de verán, e será unha boa oportunidade para desfrutar do ocio en familia.

A actuación "Voy a pasarmelo bien" terá lugar na Carballeira de Barrantes as 22 horas da man da Banda Municipal de Ribadumia e Sufre Mamón.

E a próxima semana teremos dúas citas, por unha banda a continuación da programación das noites de verán o día 26 de xullo, co cine ó aire libre con "Campeones". Película que se proxectará a partir das 22:30 h. na Praza do Concello.

Pero xa o martes día 23 de xullo as 12 horas no Auditorio de Ribadumia, poderemos desfrutar dun concerto a cargo do pianista ruso Andrey  Yaroshinsky ó cal convidamos a todos pois é unha oportunidade única. Entrada libre.