Noticias

Crease un programa de intervención para os fillos/as de víctimas de violencia de xénero en Ribadumia

O Concello de Ribadumia pon en marcha o programa de intervención con fillo/as de víctimas de violencia de xénero


21 xullo 2017
Ribadumia
benestar

O Concello de Ribadumia informa que se pon en marcha o programa de intervención con fillo/as de víctimas de violencia de xénero que terá lugar neste verán 2017, xa que é o período de veran supón unha maior flexibilidade horaria dos nenos, pais e nais.

Está dirixido aos fillos e fillas expostos a violencia de xénero, posto que estes comparten problemáticas comúns aos menores en situación de desprotección.

As sesións do programa están dirixidas específicamente a fillo/as de víctimas de violencia de xénero derivados dende o CIM de referencia e os servizos sociais do Concello. E as intervencións están dirixidas a un mínimo de 10 menores en sesións individuais.

O programa contará con un máximo de 60 sesións, 4 por cada menor participante.

Ditas sesións estarán organizadas segundo as seguintes áreas:

  1. Sesión introductoria e identificación de emocións
  2. Identidade e autoestima
  3. Habilidades sociais e resolución de problemas
  4. Estereotipos de xénero

O programa emprega instrumentos estandarizados que foron empregados no ámbito internacional e no campo da protección infantil como axuda por exemplo na evaluación inicial da situación das familias maltratantes/neglixentes servindo de base para a toma de decisións sobre a intervención nas sesións individualizadas para cada menor.

O programa será executado por persoal especializado en psicoloxía xurídica e igualdade de xénero. Cunha duración de xulio a setembro en horario flexible segundo as necesidades de cada familia e menor.

Este programa ven a reforzar os servizos socias do Concello de Ribadumia e polo tanto a atención prestada.