Noticias

Mañá tratarase en pleno a modificación da ordenanza de recollida de lixo así como o calendario fiscal


16 outubro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que mañá, xoves 17 de outubro, terá lugar unha sesión Extraordinaria do Pleno Municipal. O acto celebrarase no Salón de Sesións da Casa Consistorial, a partir das 20:00 horas.

Os puntos a tratar segundo a orde do día será:

  • Sorteo Mesas Electorais
  • Festivos Locais 2020
  • Expte. Modificación de créditos
  • Modificación Ordenanza recollida lixo ( por bonificación SOGAMA)
  • Calendario fiscal 2020

Cabe destacar a modificación da ordenanza de recollida de lixo, motivada pola adhesión deste concello ó convenio de SOGAMA que implicou unha rebaixa do 10% sobre o prezo de tonelada que se paga mensualmente. Esta rebaixa vai implicar unha redución nos recibos que se remiten ós veciños de forma íntegra no que corresponde ó 2º semestre de 2019 e semestralmente a partir do ano 2020 mentres se manteña a bonificación de SOGAMA.

Deste xeito o Concello de Ribadumia dá un paso máis para non incrementar a carga impositiva dos veciños,  mantendo  a liña da última lexislatura e sendo un dos obxectivos ó que se trata de chegar coas diferentes actuacións de aforro que se implantan e que permiten reubicar o uso dos fondos económicos en beneficio de todos os veciños.