Noticias

O Concello de Ribadumia acolle un posto informativo sobre compostaxe


25 outubro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que o próximo martes día 29 de outubro de 10 a 13 horas estrará na Praza do Concello de Ribadumia un Posto Informativo sobre Compostaxe.

Esta actuación que está dentro do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra tratará de resolver dúbidas tratando de achegar máis información sobre a compostaxe, por exemplo a través de xogos. Ademáis os que se acheguen tamén poderán recibir agasallos.

E preciso dicir que preto do 50% dos residuos que produce diariamente cada familia do noso Concello son residuos orgánicos, que poden ser depositados nestes composteiros. Correctamente mesturados con outros restos de horta e xardín, producirán en poucos meses un compost de primeira calidade, ideal para empregar como fertilizante totalmente ecolóxico nas nosas hortas.

Ademáis deste claro beneficio directo, o emprego de composteiros ten moitas outras vantaxes, que van dende a redución da cantidade do lixo depositado nos contedores verdes -e a consecuente reducción dos custes económicos e as emisións de gases de efecto invernadoiro do transporte en camión dos mesmos ata a planta de transferencia-, ata as vantaxes económicas que supón que cada quilo de menos depositado no contedor verde é un kilo de menos facturado por SOGAMA, o cal repercute directamente mes a mes na economía municipal, permitindo destinar eses cartos a outros investimentos.

O obxectivo do Concello de Ribadumia é ir implantando progresivamente máis composteiros deste tipo nas vivendas das parroquias.