Noticias

O Concello de Ribadumia comeza a obra de ampliación de vial en Aldea da Bouza (Besomaño)


08 novembro 2019
Ribadumia
Muro Besomaño

O Concello de Ribadumia informa que xa comezaron as obras para a construción dun muro e ampliación do camiño de Aldea da Bouza en Besomaño.

Estas foron adxudicadas por un importe de 38237,28 € (ive incluido) e resolverán un problema de accesibilidade e seguridade viaria a un tramo da vía no entorno próximo ó núcleo de Aldea da Bouza.

A solución adoptada é a ampliación da vía nunha das súas marxes, executando para isto un muro de contención de cachotería. Sobre o recheo do muro executarase unha rede de recollida de pluviais e arquetas de sumidoiro que desaugan nun pozo próximo ao lavadoiro.

Ademais a ampliación do camiño realizarase mediante a execución dun firme de aglomerado en quente sobre base de zahorra artificial, coa cal se pasará dunha capa de rodadura de 3,80 metros de ancho a 5,75 metros.

Esta obra forma parte do proxecto de "Muro e ampliación de camiños en Puxafeita e Aldea da Bouza" financiado por Plan Concellos 2019 de Deputación de Pontevedra por un importe total de 79552,96 €.

Con esta obra o Concello da resposta a demanda dos veciños de mellorar a seguridade viaria e accesibilidade na zona de Aldea da Bouza en Besomaño.