Noticias

O Concello de Ribadumia continúa o mantemento do patrimonio arquitectónico coa rehabilitación do Lavadoiro de Sucasa

O Concello de Ribadumia informa que están rematadas as obras de rehabilitación do Lavadoiro sito en lugar Sucasa (Leiro)


01 marzo 2019
Ribadumia
Lavadoiro de Sucasa

Dita actuación ascendeu a 9.404,52 € e está financiada pola Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural do ano 2018 habilitada pola Deputación de Pontevedra para os concellos da provincia.

A obra consistiu no cambio da cuberta  e colocación de granito sobre as paredes que forman a pila do lavadeiro, ademais da restauración da comporta existente para o desvío de auga ata o lavadeiro, dispoñendo dunha nova de aceiro galvanizado, e  a limpeza duns 20 m. Do canle de auga.

Esta actuación ven a continuar coas xa levadas a cabo en diferentes lavadoiros e fontes do municipio dentro dos traballos de conservación do noso patrimonio, sendo está unha das premisas do equipo de goberno, que busca recuperar e manter en perfecto estado os nosos recursos, pois son estes a imaxe do municipio de cara a visitantes foráneos que se acheguen a coñecer as nosas riquezas culturais, gastronómicas e patrimoniais.