Noticias

O Concello de Ribadumia recibe a visita do Coronel da Garda Civil para coñecer as necesidades de seguridade no municipio


30 xuño 2020
Ribadumia
Visita da Garda Civil

O Concello de Ribadumia recibe a visita do Coronel da Garda Civil, D. Simón Venzal Contreras, quen tomou posesión do seu cargo o pasado 26 de setembro para asumir a responsabilidade de xestionar a seguridade da provincia.

Así esta semana visitou Ribadumia para coñecer de primeira man as necesidades en canto a seguridade para a nosa veciñanza. O alcalde David Castro trasladoulle todas as melloras posibles detectadas nos últimos tempos así como as aportacións realizadas polos veciños, e que sempre son tidas en conta para mellorar o noso pobo e máis se cabe en canto a seguridade se refire.

Agradecer a Garda Civil a súa colaboración permanente en calquera solicitude que o concello lles trasladas posto que desempeñan un papel relevante para o día a día.