Noticias

O Concello de Ribadumia renova e mellora o servizo de recollida de aceite de cociña doméstico

O Concello de Ribadumia informa que ven de cambiarse a empresa concesionaria do servizo de recollida de aceite de cociña doméstico


01 marzo 2019
Ribadumia
Contenedor de aceite

Con este cambio hai un incremento dos contedores dispoñibles para depositar este residuo, pasando de 5 que había anteriormente ós 14 que haberá a partir de agora repartidos por todas as parroquias do municipio.

Cabe destacar que se tivo en conta a colocación de un contedor para a recollida de aceite de cociña doméstico no CPI Julia Becerra Malvar e outro no Cra de Leiro. Isto ven a dar resposta a unha parte do novo servizo contratado, que é a difusión e concienciación da necesidade de reciclaxe e polo tanto da recollida de aceite que se levará a cabo a través de diferentes campañas nos colexios.

Destacar que este servizo que agora se mellora e se achega os veciños de Ribadumia é totalmente gratuíto.