Noticias

O Concello de Ribadumia ven de asinar o convenio con ECOEMBES para a recollida de envases lixeiros na Canle HORECA


11 outubro 2019
Ribadumia
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que esta semana o alcalde David Castro asinou o convenio con ECOEMBES para incrementar e mellorar a recollida de envases lixeiros na Canle Horeca.

O Concello de Ribadumia atópase adherido ó convenio Marco firmado entre a Xunta de Galicia e Ecoembes que regula o funcionamento do sistema integrado de xestión, neste eido Ecoembes é a encargada de levar a cabo o obxectivo base que é fomentar a recollida selectiva e a selección de residuos de envases.

En base a isto e co obxectivo de colaborar para adecuar os medios existentes na prestación do servizo e favorecer a participación dos pequenos xeradores na recollida selectiva dos residuos, o Concello de Ribadumia asinou este acordo para a posta en marcha do proxecto destinado a mellora desta recollida selectiva o cal se levará a cabo mediante o fomento de participación dos establecementos do sector HORECA.

As accións deste acordo pasarán polo incremento, se é preciso, da dotación de contedores para esta recollida na vía pública así como a entrega os establecementos participantes de contedores de pequeno tamaño para a instalación no interior. Ademais da formación e información ó persoal dos establecementos para a correcta participación.

Os concelleiros de Medioambiente e Economía presentarán na vindeira semana o proxecto a cada un dos establecementos da canle HORECA do concello.