Noticias

O concello de Ribadumia ven de propor a candidatura de gotas á medalla Emilia Pardo Bazán

Gotas pola diversidade social foi escollida nesta ocasión como entidade candidata ó recoñecemento polas súas accións en prol da igualdade


31 xullo 2020
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que nos últimos días fixo a proposta da entidade con sede no municipio, Gotas pola diversidade social, como candidata ás Medallas Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento das accións levadas a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia que contribúen e destacan na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

Nesta ocasión Gotas foi escollida entre outras entidades sociais locais polo traballo que están facendo, con nenas e nenos e sobre todo adolescentes, dende as idades más temperás para que a expresión en "prol da igualdade" deixe de ter sentido porque desaparezan as desigualdades e ir destruíndo así mitos e conviccións obsoletas nunha sociedade avanzada.

Estas medallas foron creadas no ano 2019 polo goberno autonómico como sinal de gratitude a quen loita pola igualdade e contribúe así a construción dunha sociedade galega mellor para as xeracións futuras.

De feito as medallas levan o nome "Emilia Pardo Bazán" por ser esta precurosra nas ideas sobre os dereitos das mulleres na igualdade reivindicativa na educación e na instrución das mulleres.