Noticias

O Concello de Ribadumia xestiona o modernización do servizo de turismo


30 novembro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que está xestionando a modernización do servizo de turismo municipal para poder mellorar os medios de información que se lles da os visitantes do municipio.

Isto faise en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, que é a promotora do proxecto Tourist Inside, o cal busca a transformación cara a un Destino Turístico Intelixente mellorando a eficiencia asociada a actividade turística e promovendo o acceso universal a información dispoñible para veciños ou turistas.

Esta modernización virá a través da dixitalización da información adaptando o servizo as novas demandas dos visitantes e facéndoa máis accesible, así incorporaranse ó servizo tótems multimedia de diferentes tamaños, tablets e impresoras braille ou audioguías, o que ademais aportará unha imaxe máis homoxénea do sector turismo na provincia.

Deste xeito, o Concello de Ribadumia da un paso máis de cara a ser un dos puntos turísticos de referencia nas Rías Baixas, e mellorar por suposto o servizo e a imaxe do municipio para todos aqueles que nos escollen como destino.