Noticias

O Concello presenta unha nova edición do programa "LER CONTA MOITO"

Ó programa está dirixido ós nenos e nenas e será todos os luns ata o próximo 21 de outubro


20 setembro 2019
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que o próximo luns día 23 de setembro comeza unha nova edición do programa "Ler conta moito" financiado pola Consellería de Cultura Turismo.

Esta nova edición traerá ata a Biblioteca Municipal Francisco de Asís Fraga Castro "Cuco" unha oportunidade máis para achegar a nenos e maiores a lectura e a maxia e ilusión que cada libro nos achega a través de aventuras fantásticas ou testemuños motivadores.

O programa nesta edición terá unha duración de 5 semanas, pois terá lugar todos os luns dende o 23 de setembro ata o 21 de outubro as 17 horas na Casa de Cultura de Ribadumia.

A clausura do programa chegará o día 24 de outubro, xornada na que se conmemora o Día da Biblioteca e será Gloria Mosquera- Mama Cabra a encargada que por o broche final con "Contos para un mundo mellor".

Convidamos a todos nenos e maiores a disfrutar deste camiño de ilusión achegándose a lectura!