Noticias

Preto de 750 contedores de basura se comezan a limpar


13 xullo 2020
Ribadumia
Limpeza de contedores do lixo

O Concello de Ribadumia informa que deron comezo os traballos de limpeza e mantemento dos contedores ubicados ao longo do municipio.

En total, preto de 750 contedores serán limpos nos próximos días nas súas ubicacións actuaís.

Deste xeito os contedores serán lavados mediante un vehículo lavacontenedores de alta presión. Vehículo que ademais vai permitir evitar un excesivo consumo de auga, e minimizar o tempo de limpeza de cada contenedor e polo tanto dos traballos en xeral.

Estes traballos de limpeza dan comezo despois dunha planificación previa realizada entre traballadores municipais e a propia empresa de limpeza, posto que para axilizar e optimizar o servicio, debido o número elevado de contedores, faise preciso ter comunicadas as rutas do camión da recollida de basura coa do vehículo lavacontenedores.

Dita acción de limpeza e mantemento, esencial nesta época estival para evitar cheiros que poidan incomodar os veciños, e manter así a boa imaxe turística do noso municipio, ronda un orzamento estimado de 8000,00 €.

Nestas datas, ano tras ano, o concello de Ribadumia intensifica a súa limpeza, facendo fronte tamén deste xeito o prexudicial do calor no que o tratamento da basura se trata.