Noticias

Ribadumia achega e facilita as xestións con Catastro ós seus veciños


23 outubro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que o Servizo de Catastro e Recadación oferta novas opcións para as tramitación dos veciños de Ribadumia.

Ribadumia, unha das pioneiras na sinatura do convenio con Catastro a nivel nacional que se levou a cabo no pasado mes de maio, conta xa coa empresa autorizada  que se vai encargar de tramitar as xestións que os veciños necesiten realizar nas dependencias da Xerencia Territorial de Catastro sen ter que desprazarse a Pontevedra e axilizar as mesmas.

Deste xeito, calquera veciño pode solicitar cita nos teléfonos 986718491/99 ou acudir a Casa de Cultura de Ribadumia, en horario:

Ata fins outubro: luns e xoves de 9 a 14 h., e de 16 a 18 h.

A partir de novembro: luns de 9 a 14 h., e de 16 a 18 h.

Isto supón que os veciños poden resolver calquera cuestión dende Ribadumia, tanto novas tramitacións como xestións en curso posto que esta empresa, ó ser autorizada por Catastro, coñecerá todos os expedientes pendentes de resolución dos veciños.

Do mesmo xeito esta empresa será a que faga propostas de resolución sobre os temas pendentes, e enviará as mesmas trimestralmente a Catastro para que as valide e tramite.