Noticias

Ribadumia celebra o entroido

O Concello de Ribadumia informa que o próximo luns 4 de marzo celebrase o Festival infantil e xuvenil de disfraces, onde nenos e maiores poderán disfrutar no Pavillón Municipal de Barrantes desta festa de entroido.


01 marzo 2019
Ribadumia
Ribadumia celebra o entroido

A xornada dará comezo as cinco e media da tarde, pero xa dende as catro e media, cando nenos e nenas do concello empezarán a chegar para inscribirse no concurso de disfraces, comezará a vestirse de cor e ambiente festivo o recinto.

Durante toda a tarde, os cativos divertiranse no recinto con xogos, música e baile. Despois terá lugar o tradicional desfile de disfraces onde por categorías irán amosando os seus mellores traxes carnavaleiros, e o xurado terá unha dificil labor para seleccionar os gañadores.

Os disfraces premiados estarán divididos en oito categorías,

Individuais: ata 5 anos; de 6 a 9 anos, de 10 a 16 anos.

Parellas: ata 5 anos, de 6 a 9 anos, de 10 a 16 anos.

Grupos: De tres a cinco nenos, máis de cinco nenos.

Ademais o Concello realizará diversos sorteos durante a tarde, entre eles sortearase un patinete eléctrico con sillín.

Despois, o sábado día 9 de marzo, a Asociación de Veciños de Barrantes, en colaboración co Concello de Ribadumia, levará a cabo o tradicional enterro da Galiña, que dará comezo ás 19:00 horas no Centro Social de Barrantes.

Fotos