Noticias

Ribadumia celebra o Magosto con música e xogos


06 novembro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que este sábado, 9 de novembro, organiza o tradicional Magosto na Carballeira de Ribadumia a partir das 17.30h con entrada libre e para disfrute de toda a familia.

Tanto maiores como pequenos poderán gozar de moitos xogos tradicionais e e xusto despois chegará o momento de repoñer forzas coas castañas, rosca e chocolate quente, moi apetecible nesta época do ano.

Convidamos a todos os veciños a pasar unha tarde disfrutando de xogos populares e comendo castañas entre veciños, amigos e familia.

Ademais de contar esta fin de semana co tan esperado Magosto, o domingo 10 de novembro, chegará ó Auditorio de Ribadumia o concerto das Madia Leva que coa beleza do canto tradicional galego, compoñen pezas orixinais e adaptan outras de corte máis tradicional.

Todas as actividades están adaptadas para público familiar ademais de que contan con entrada libre.