Noticias

Ribadumia convoca un curso para a preparación para a proba libre da ESO


08 outubro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que desexen preparar a proba libre da ESO.

A actividade que terá lugar todos os luns e mércores de outubro de 2019 a maio de 2020 será de 20 h a 23 horas.

A formación é unha das áreas na que traballar día a día, e esta é unha oportunidade para todos os veciños tanto de Ribadumia como doutros municipios que teñan interese en preparar esta proba para obter o seu título da Ensinanza Secundaria.

Indicar que o curso terá un custe de 60 €/mes, e está bonificado ó 50% para os empadroados en Ribadumia, o que supón unha cuota de 30€/mes.

Para máis información poden dirixirse as oficinas municipais ou o telf. 986718491/99.