Noticias

Ribadumia difunde entre os veciños o Programa xuntos no Nadal


28 outubro 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que xa está aberto o prazo de inscrición no Programa xuntos e voluntarios no Nadal 2019 da Xunta de Galicia, ata o próximo 15 de novembro poderán anotarse as persoas maiores que se atopan soas, e ata o 30 de novembro todos aqueles voluntarios que queiran colaborar con este programa.

O Concello de Ribadumia está a difundir este programa que ten como obxecto ofrecer acompañamento ás persoas maiores que se atopan soas para que poidan pasar en compañía as festas do nadal.

Programa que ofrece, por unha banda, ás persoas maiores a oportunidade de residir dende o 23 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), na de Panxón en Nigrán (Pontevedra) ou no Complexo Residencial Lug (Lugo), incluíndo aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.

Por outra banda, a través do mesmo, todas aquelas persoas que queiran participar como voluntarios/as dando apoio e colaboración, poderán facelo cubrindo unicamente un formulario de inscrición.

Para inscribirse ou para máis información os interesados poden dirixirse os Servizos Sociais ou no telf. 986718491/99.