Noticias

Ribadumia, fin de semana entre música, deporte e motos

O Concello de Ribadumia informa que esta fin de semana a programación continúa no municipio.


07 xuño 2019
Ribadumia
Concello de Ribadumia

Comezamos, da man de Trasnos do Salnés, coa concentración moteira que da comezo hoxe e continuará ata o próximo domingo día 9 para disfrutar do motor sobre dúas rodas. As actividades concéntranse no entorno da Carballeira de Ribadumia.

Xa o domingo, día que concentrará a maioría da programación, comezaremos a mañá coa I Mini DH Concello de Ribadumia, unha nova oportunidade para disfrutar das bicis. Esta actividade terá lugar na Carballeira de Barrantes.

A primeira hora da tarde, trasladámonos ata a zona do náutico en Cabanelas para disfrutar dun novo Slalom, onde clubes de diferentes puntos de Galicia se encontrarán para este descenso do Umia.

E pecharemos a xornada co toque musical, cunha nova edición do certame de Habaneras, que terá lugar no Centro Social de Barrantes as 19 horas.

Así, esta fin de semana Ribadumia acolle unha programación variada a que convidamos a todos os veciños do municipio de dos arredores, posto que poderán disfrutar do motor, do deporte e da música.