Noticias

Ribadumia punto de referencia na formación agroforestal


05 marzo 2019
Ribadumia
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que no que vai de ano máis de 156 persoas realizaron algún curso formativo en Ribadumia relacionado coa formación agroforestal. Cabe destacar aquí que un 27% dos alumnos son ribadumienses, achegándose ata aquí veciños de localidades como Barro, Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Lugo, Poio ou Pontevedra entre outros. Algo que está a converter a Ribadumia en punto de referencia para estes cursos formativos. Xa que ademais son cursos gratuítos, ou se existe un carne profesional, o custo é a taxa correspondente.

Os cursos que se impartiron están dentro do Plan de Formación Agroforestal 2018 e 2019 (subvencionados pola Consellería do Medio Rural) e en colaboración con Tragsatec, entre eles están o curso de benestar animal no transporte, o curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ponte (xa se realizaron neste tempo 2 edicións), o curso de poda de froiteiras e videiras ou o curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico.

E xa está a prepararse a seguinte oferta formativa cun novos cursos de aplicador de fitosanitarios en diferentes niveles ou o de manipulador de alimentos e alérxenos.

Actuacións que achegan a formación os veciños que desexen mellorar as súas capacidades e coñecementos para o seu posto de traballo ou para encontrar unha nova ocupación laboral.

En todo caso se un punto de referencia en formación, neste caso, agroforestal supón crecemento e futuro para o municipio.