Noticias

Sanidade declara A Guarda zona con especiais restriccións por motivo do COVID-19

O concello limita o aforo nas praias de Area Grande e Fedorento e suspende o mercadillo do sábado


11 setembro 2020
A Guarda

A Guarda 11 de setembro de 2020. A Consellería de Sanidade estableceu esta mañá medidas restrictivas logo da reunión do subcomité clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. As medidas entrarán en vigor a partir as 00:00h do sábado 12 de setembro. Estas medidas  serán revisadas no prázo máximo dunha semana.

As medidas  inclúen a reducción dos aforos a un 50 % en celebracións como bodas e bautizos, este mesmo aforo aplicarase as piscinas públicas e aos establecementos comerciais, de hostelería, etc. No caso das terrazas o aforo será do 75 %. Tamén se establece unha limitación do número de persoas nas xuntanzas, tanto en lugares pechados como na vía pública, a un máximo de 10 persoas. Ademais redúcense os aforos en velorios e lugares de culto.

Con motivo destas restriccións o concello da Guarda tomou a decisión de suspender o mercadillo deste sábado 12 de setembro. Así mesmo establece aforos limitados para as praias de 4 m2 por persoa. No caso da Area Grande e Fedorento son os seguintes: Area Grande, marea baixa 438 persoas, marea alta 234 persoas. Praia de Fedorento, marea baixa 98 persoas, marea alta 44 persoas. Estes aforos serán controlados periódicamente pola Policía Local.

O concello está valorando cos responsables da área sanitaria de Vigo o aforo para o partido de balonmán do Atl Guardés que se celebrará este sábado ás 20:30 h

A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de 30. Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comenzo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre.