Noticias

A parroquia de Escuadro celebra este sábado a II Festa Gastronómica da panceta con bola

A cita, que se enmarca na Festa do San Marcos, comezará ás 22.00 con degustación gratuita do produto para os asistentes


19 abril 2018
Silleda

A parroquia silledense de Escuadro celebrará este fin de semana a súa Festa Gastronómica da panceta con bola, unha nova cita culinaria que se estrenou con éxito o pasado ano. De novo  a celebración enmárcase na Festa do San Marcos de Escuadro que terá lugar este sábado día 21.

A xornada arranca ás 13:00 horas coa misa soleme e pasarrúas da charanga BB+. A partir das 22:00 horas comezará a desgustación de panceta e bola de xeito gratuito para todos os asistentes.

A velada estará animada pola citada charanga BB+ e pola Orquestra Atenas.