Noticias

Manuel Cuiña visita a planta de biomasa de Lozoyuela, similar a que se busca instalar en Silleda

Este centro madrileño produce 7.000 toneladas de astilla e abastece de enerxía a preto de 3.000 fogares


19 abril 2018
Silleda
Lozoyuela

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou hoxe a planta de producción de astilla de Lozoyuela (Madrid), unha instalación moi similar a que se plantexa crear nun futuro en Silleda ao amparo da Rede de Calor con Biosama "District Heating".

Cuiña desplazouse ata a localidade madrileña xunto co concelleiro de Obras e SErvizos, Klaus Brey e o enxeñeiro autor do proxecto silldense, Ricardo González. Ao longo da visita coñeceron de primeira man o funcionamento das instalacións, relaizadas ao abeiro dun proxecto piloto de fomento, producción, aproveitamento, uso e autoxestión de biomasa forestal como fonte enerxética para dar servizo a comarcas rurais.

"Con esta visita queremos seguir coñecendo e afondando nas potencialidades deste tipo de instalacións para completar o proxecto do Concello de Silleda, que está xa en marcha coa licitación da rede de calor", explica o alcalde.

A planta de Lozoyuela é moi similar a que se busca construir nun futuro no municipio silledense, onde a rede de calor tamén se abastecerá con astilla de pino.

"A creación dunha planta destas características en Silleda culminaría o noso proxecto creando un ciclo que nos permitiría ademais aproveitar as potencialidades dos nosos montes", engade o rexedor.

A planta creou 3 empregos directos e oyutros 149 postos indirectos de traballo, extendendo o seu ámbito de actuación a localidades de Madrid, Castela e León e Castela-A Mancha.

Nela prodúcense 7.000 toneladas de astilla de pino que xeran enerxía para abastecer a preto de 3.000 fogares.

Entre os obxectivos desta inicitiva figuran a fixación de poboación e creación de emprego, a creación de infraestruturas técnicas para autoxestionar a biomasa local e natural e a producción, selección e comercialización de astillas.

A creación dunha planta coma esta en Silleda sería o segundo paso logo da Rede de Calor con biomasa que comezará a construirse a finais de xuño e que deberá de estar rematada a finais de setembro, cunha inversión superior aos 800.000 euros.

O aforro económico e a aposta por enerxías limpas están tamén detrás desta iniciativa pioneira en Galicia, a primeira da nosa comunidade de promoción público-privada.