SmartPeme imparte esta semana catro novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta, entre outros, cursos sobre estratexias SEO e SEM ou edición de fotografía

06/03/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o blockchain, a elección de palabras clave para SEO e SEM ou a edición de fotografías.

As actividades comezarán o martes 8 cun obradoiro titulado “Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM” no que Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará da importancia do posicionamento na rede e as palabras chave.

Para o mércores 9 hai programados dous talleres. Co primeiro deles, titulado “Blockchain, metaverso” Manuel Freire, experto universitario en robótica, pecha o ciclo de obradoiros informativos sobre a tecnoloxía blockchain falando do metaverso, como se intúe que será, para que vai servir e o seu estado actual. O outro taller programado para este día versará sobre os “Motores de reservas para empresas turísticas” e nel Sonia Torres, técnica en Empresas e Actividades Turísticas, explicará que é un motor de reserva e un channel manager. Ademais, dará a coñecer as vantaxes de dispor dun sistema de reservas e dispoñibilidade online para o sector turístico aportando exemplos.

Os obradoiros rematarán o xoves 10 cun taller completamente práctico impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño Gráfico. Baixo o título de “Edita as túas fotografías co teu teléfono móbil: Snapseed” as persoas asistentes coñecerán de preto unha ferramenta de edición fotográfica con múltiples posibilidades.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 12 resultados.