Noticias

Todo preparado para o comezo da Copa Deputación de fútbol 2018 na que participarán 113 equipos da provincia de Pontevedra

O sorteo do cadro para os equipos da delegación de Pontevedra terá lugar o xoves 15 de marzo e o sorteo da delegación de Vigo o venres 16


13 marzo 2018
Copa Deputación de fútbol 2018

Os vindeiros xoves 15 de marzo e venres 16 de marzo terán lugar os sorteos da primeira eliminatoria da Copa Deputación 2018, competición na que este ano participarán un total de 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, é dicir, 6 más que na edición de 2017.

Os primeiros equipos que saberán cal será a súa estrea na competición serán os clubs da delegación de Pontevedra da Real Federación Galega de Fútbol. Este xoves, ás 20 horas, o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra acollerá o sorteo da primeira eliminatoria, que está prevista para disputarse o 28 de marzo. Neste sorteo serán 61 equipos os que entren nos bombos, 2 de Terceira División, 8 de Preferente, 11 de Primeira Autonómica, 18 de Segunda Autonómica e 22 de Terceira Autonómica.

En canto aos equipos da delegación de Vigo, o sorteo terá lugar o venres 16 de marzo, ás 20 horas, na sede da Deputación na cidade olívica, na rúa Oporto. Neste caso serán 52 equipos os que coñecerán o seu rival. Máis polo miúdo, da delegación de Vigo, inscribíronse 2 equipos de Terceira División, 7 de Preferente, 6 de Primeira Autonómica, 13 de Segunda Autonómica e 24 de Terceira Autonómica.

Todas as eliminatorias xogaranse a un único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría. En caso de empate resolverase o mesmo mediante unha quenda de penaltis, incluída a final.