Noticias

A Andaina Saudable de San Telmo celebrarase este sábado 7 de abril dentro da programación das Festas de San Telmo de Tui

Este ano formará parte da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola Comisión de Protección de Crianzas e Mozos de Valença (CPCJ) e o Concello de Tui


02 abril 2018
Tui
Andaina Saudable San Telmo

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 quilómetros, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As inscricións están abertas, como nas edicións pasadas, a través da páxina web do Club Andatui Rego da Pedra, en http://www.andatui.es/andainas-saudables-eurocidade/.

Nesta edición, a andaina será gratuíta ao entrar dentro da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola CPCJ de Valença e o Concello de Tui, onde o obxectivo primordial desta campaña e concienciar á comunidade da importancia da prevención dos malos tratos na infancia e para a valorización dos nenos en canto suxeitos de pleno dereito. Por isto, se pide que os participantes acudan cunha prenda de cor azul.