Noticias

Alumnado da Big Band do Conservatorio ofrecerá mañá venres un concerto na Corredoira


10 xuño 2021
Tui

Mañá venres, 11 de xuño, ás 19.30 h na no Paseo da Corredoira, na zona do Palco da Música, terá lugar o segundo concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui dentro do ciclo de concerto na rúa previstos neste mes de xuño e na primeira quincena de xullo. Colabora nesta iniciativa a concellería de Cultura do Concello de Tui.

Mañá venres o concerto correrá a cargo do alumnado da "Big Band" e do conxunto do Conservatorio Profesional baixo a dirección do profesor Jacobo González Álvarez. Composicións de jazz e de pop conforman o repertorio que van interpretar.

Cursos de verán

Por outra parte até o próximo venres, 18 de xuño, está aberto o prazo de inscrición, de forma gratuíta, para os que Cursos de Verán dirixidos a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

O Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui, impartirán en horario de mañá un curso de "Música e Movemento" para cativos e cativas de 5 e 6 anos. Na mesma poderán achegase á música de forma lúdica a través do xogo e o baile.

Mentres para nenos e nenas de 7 a 10 anos ofertan a posibilidade de probar ata tres instrumentos diferentes da súa elección.

Os cursos terán lugar entre o mércores 23 e o mércores 30 de xuño, en horario matinal pendente de determinar.

A inscrición pode realizarse a través do formulario dispoñible na web do conservatorio, enviando o modelo de solicitude ao correo cmus.profesional.tui@edu.xunta.es ou por Whatsapp ao 687 24 99 57. Tamén telefonicamente no 986 60 44 06 ou no 687 24 99 57 mañá venres de 15 a 20 h, e dende o próximo luns de 9 a 13.30 h.