Noticias

Hoxe entregáronse novos composteiros individuais

Os interesados poden enviar a súa solicitude a compostaxe@tui.gal, descargando o impreso en tui.gal


26 xuño 2020
Barro
Composteiros Barro

Este mediodía tivo lugar no Centro Municipal de Formación en Guillarei unha nova entrega de composteiros individuais por parte do Concello de Tui.  Previa a entrega deste material a mestra composteira, Sara Luque, impartiu unha charla sobre a compostaxe e a utilización e montaxe dos composteiros, na que se gardaron todas as medidas de seguridade do protocolo da COVID-19. As cinco persoas participantes na entrega desta mañá recibiron tamén unha guía de compostaxe e ferramenta para axudar nos traballos de remexido dos materiais

Os composteiros son entregados en réxime de cesión de uso para a súa colocación en vivendas no termo municipal de Tui. Realízase un rexistro dos usuarios e ao menos dúas veces ao ano a mestra composteira realiza unha visita para comprobar o funcionamento e resolver posibles dúbidas que poidan ter os veciños e veciñas.

O Concello de Tui continuará coa entrega de composteiros individuais, realizándose en grupos reducidos coa correspondente charla, até esgotar as existencias destes elementos que ten nestes momentos.

As persoas interesadas e obter un composteiro individual deben cubrir o impreso de solicitude, dispoñible en tui.gal, e envialo a compostaxe@tui.gal ou presentalo por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.